16/01/09

Concurso Odisea

Que agardades para apuntarvos ao concurso Odisea?. Como xa sabedes, por outros anos, é un concurso en liña, organizado pola SEEC (Sociedade Galega de Estudios Clásicos), que terá lugar do 2 ao 5 de febreiro. Consiste en responder a preguntas relacionadas coa cultura clásica que van saíndo cada día na páxina da SEEC. O último día a pregunta é máis complicada, en realidade é un preguntón: moitas preguntas é coas iniciais das respostas fórmase unha palabra clave. A verdade é que as preguntas non son fáciles, pero o ano pasado conseguimos chegar á fase final e, sobre todo, pasámolo moi ben e aprendimos moito. Os premios son pelas, que nunca veñen mal, sobre todo ás que estades apuntadas á viaxe a Grecia. Aquí podedes ver as bases do concurso con todo detalle. Veña, que so temos ata o día 30 de xaneiro para inscribirnos.

Ningún comentario: