30/04/16

OBRADOIRO DE MODA CLÁSICA

Estamos a punto de estrear o noso obradoiro de moda clásica nos I Obradoiros de Cultura Clásica, que, organizados por SEEC Galicia, terán lugar na Facultade de Filoloxía de Compostela o vindeiro martes 3 maio.
Para dar unha maior plasticidade aos nosos modelos, decidimos inspirarnos na arte e na mitoloxía clásica e para elo contamos, como tantas veces, coa imprescindible colaboración do ciclo de Madeira do IES de Melide. Grazas pola vosa implicación, compañeiros!!


E, se queres saber algo máis sobre moda clásica, velaí este material que xa leva un tempiño no noso blog:

29/04/16

OBRADOIRO DE ESCRITURA PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

Os departamentos de latín e grego estamos a desenvolver unha nova actividade que até o de agora só practicaramos cando viaxabamos a Sagunt, un obradoiro de escritura antiga cos dous alfabetos, latino e grego.
Despois de dúas visitas á Domus Baebia Saguntina, en 2010 e 2015, o empuxón definitivo para que nos animásemos a tentar facelo por nós mesm@s, foi o obradoiro que de xeito altruísta Fernando Lillo impartiu no outono de 2015 para un pequeno grupo de profesores e alumn@s da USC na facultade de filoloxía.
Para poder realizar este obradoiro contamos co apoio incondicional do profesorado e alumnado do Ciclo de Madeira do IES de Melide, que nos fabricaron uns cálamos de altísima calidade, umbilici para enrolar os pairos e unha espectacular cadeira klismos.
E como Audentis Fortuna iuvat, embarcámonos a participar e preparar os I Obradoiros de Cultura Clásica, organizados pola SEEC, e estreámonos na nosa biblioteca Xaquín Yebra do IES de Melide, que o martes 26 e abril quedou convertida en biblioteca de Alexandría por un día. Velaí o resultado:

E como queremos compartir o noso traballo, deixamos aquí as seguintes ligazóns:
- Plantilla para escritura grega antiga
- Plantilla para escritura latina antiga
- Antoloxía de textos gregos para paleografía
- Antoloxía de textos latinos para paelografía
Animadevos a probar

26/04/16

DIA DO LIBRO, A BILIOTECA DE ALEXANDRÍA EN MELIDE

Botamos man dun material antigo, levemente reciclado, para conmemorar o día do libro. Se o ano pasado estábamos por estas datas a facer un obradoiro na Domus Baebia Saguntina, este ano atrevímonos a facelo nós mesmos, grazas as magníficas/os calígrafas/os que son quen de convertir a biblioteca Xaquín Yebra do IES de Melide en biblioteca de Alexandría por un día.
Pero todo isto non sería posible sen as ensinanzas de Salvador Muñoz, recibidas na Domus Baebia, e Fernando Lillo, o pioneiro galego en obradoiros. Gratias Plurimas!!